Benvido

alt En plena Costa da Morte, ó pé do estuario do río Anllóns, xurde o restaurante Mar de Ardora para brindar ó visitante un mundo de sensacións, onde agradables sabores danzan ó compás dunha axeitada ambientación musical, para fundirse coa fermosa paisaxe, que debuxa a xeografía da zona, alén das augas da ría de Corme e Laxe.

Por que nós?

alt Porque a nosa oferta consta dos mellores productos galegos, traídos directamente da nosa xenerosa costa, e das ricas terras do país.
alt Porque apostamos por unha materia prima galega de calidade e frescura, que é a base de todos os nosos pratos.
alt Porque levamos á mesa tradición e innovación, onde sabor e apariencia, proporcionan un deleite para os sentidos.